mércores, 28 de xuño de 2017

TRÍPTICO DE LECTURAS PARA O VERÁN

Ola, rapaces!
Desexamosvos dende a biblioteca un feliz verán. Aquí tedes moitas suxestións de lectura.


As reseñas de todos os libros podédelas ler aquí.

xoves, 22 de xuño de 2017

FESTA DAS TARTAS LITERARIAS

Como cada ano, despedimos o curso na biblioteca coa nosa Festa das Tartas Literarias, que xa vai pola súa VII edición.


A novidade deste curso consistiu en que se incorporaron tamén os rapaces do voluntariado (Guillermo e Martín) e máis do Obradoiro de Escritura (Pepe). 
Previamente decoraramos a biblioteca cos carteis feitos polos alumnos de ITI sobre as efemérides do 2017.
Logo de degustar as deliciosas tartas (houbo de gatos guerreiros, Harry Potter, Rubí, Wonder, Sinsajo entre outras) fixemos unha enquisa na que valoramos a experiencia deste curso. Cada un deu a súa opinión e fixo as súas suxestións para o vindeiro ano.
De seguido, Daniela presentou varios booktrailers e contounos a súa experiencia da X Xornada de Clubs de Lectura. 
Por último, con algo de mágoa, despedimos a Diego (que nos fixo un resumo dos seus cómics favoritos) e a Pepe que van marchar do instituto. 



Penso que a idea do novo Club de Manga xestionado polos rapaces está a cobrar forma e xa temos dúas posibles coordinadoras, Sabela e Laura, entusiastas seguidoras do universo manga.
Grazas pola vosa colaboración, rapaces, e feliz verán, cheo de lecturas!

mércores, 21 de xuño de 2017

PARTICIPAMOS NA X XORNADAS DE CLUBS DE LECTURA

O pasado sábado, un grupo de 13 alumnos (Carlos, Sara, Daniela, David, Deva, Ariadna, Iago, María del Pilar, Javi, Alex, Sabela, Roberto e Ana), acompañados de Emilio e Pilar, participamos na X Xornada de Clubs de Lectura en Santiago. Esta reunión acolleu a moitos rapaces de Clubs de Lectura de toda Galicia nunha xornada chea de calor, de obradoiros e de libros, moitos libros.

Como non caberían aquí todos os relatos, eliximos unha soa voz, a de Deva, e logo engadimos algunhas opinións doutros participantes:

"O sábado acudín á miña primeira xornada de Clubs de Lectura en Santiago. Desde Ferrol fomos catro institutos: Ferrol Vello, Concepción Arenal, Catabois, e nós, Sofía Casanova. Ao chegar recibíronos cun espectáculo de acrobacias a cargo de "Pista Catro". Encantoume, pareceume moi divertido e interesante. De novo todos os institutos xuntos acudimos á "Sala Santiado" para presenciar a entrega do premio dos Clubs de Lectura 2017 a Miguelanxo Prado, e as entrevistas de Ledicia Costas e Violeta Moon. Logo de tomar un almorzo estupendo, fomos cada o noso obradoiro. Eu fun ao de Literatura transmedia e banda deseñada. Despois dunha mañá intensa, saímos fora do Palacio de Congresos a comer todos xuntos para recuperar folgos. O resto da tarde compartímola co resto de Clubs de Lectura de Galicia, escoitando a charla de César Mallorquí sobre o "Eloxio da mala literatura" e participando na festa de peche, na que o pasamos xenial. Sen dúbida, o ano que vén quero volver á seguinte xornada dos Clubs de Lectura"

Acompañamos con algunhas opinións de outros rapaces:
"O que máis me gustou do encontro foi poder estar máis tempo cos meus amigos e ter un plan para o fin de semana. Tamén aprendín moito sobre cómic no obradoiro de banda deseñada como que os cómics non poden ter portadas tétricas" (Carlos)
"A verdade é que por moita calor que fixera e por moito que nos aburríramos polos largos discursos, valeu a pena!" (Ariadna)
"O que máis me gustou foi coñecer a Cesar Mallorquí. Podería mellorarse para unha próxima xornada a festa, con cancións máis modernas." (Daniela)
"Fue una experiencia bonita y educativa que estaría dispuesta a repetir". (María del Pilar)
"Fixo moita calor, para a próxima gustaríame que houbese máis espazos de sombra e máis puntos de comida." (Sara)
"Una experiencia nueva y divertida, en la cual conocí nuevos amigos." (Alex)
"Nas reunións aprendín moito e conseguín algunhas firmas." (Iago)
"Gustoume moito a charla de "botarse a escribir" porque me animou a facelo. Pero para min sobrou a música final." (Sabela)



O certo é que a valoración foi en xeral moi positiva e todos viñemos con moitas ideas para poñer en marcha o vindeiro curso, como un posible Club de Manga. 

domingo, 18 de xuño de 2017

POEMA DE PEPE LÓPEZ CAEIRO

Aquí os dejo el poema de Pepe López Caeiro (2º BAC- C), aventajado participante del taller de escritura. ¡Enhorabuena, Pepe!


ODA

Dime, buen amigo,
dónde está la rama
de olivo.
Dime, bajo las cenizas
del viejo leño,
cuándo podrá surcar
la paloma el cielo.

Dime, paloma,
¿podrás cubrir con un velo
la tierra arrasada?
Pues hay ríos
en los que corre la sangre,
como pétalos
flotando en el agua,
que son llevados por el viento,
igual que las lágrimas de los niños.

Dímelo tú, paloma blanca
y con olivo,
si puedes emprender el vuelo,
dime, paloma amiga,
si volarás por esas nubes
que inundan el sueño.
Si no te perderás en el firmamento.

Dime que volverás,
cielo, paloma,
prométeme que hallarás,
el día, el alma,
entre el polvo y las fosas,
de aquellos que anhelan creerte 
donde por fin tendrás lugar.