mércores, 24 de abril de 2013

PARABÉNS AOS LECTORES!

Ola rapaces!
Fagin
Sí xa sei que fixo calor na biblio. Case afogo eu tamén no meu recuncho. Pero non é esta temperatura a importante, senón a do voso entusiasmo. Penso que acabamos de vivir dúas fermosas xornadas de celebración nas que todos colaborastes para que fosen unha auténtica festa do libro e da lectura. Queixáronse os de bacharelato de quedar fóra por este ano, pero os profes, polo que escoito dende aquí, están dispostos a facer novas actividades para eles. 
Magwitch e Pip
Coa inapreciable introdución de Guillermo e Dani, revivimos as aventuras de Pip e de Oliver na nosa biblio. Aprendéronme como nas novelas hai personaxes de caracteres bondadosos ou crueis, algúns deles van cambiando co tempo, moitos acadan un "happy end" e outros non. Disfrutei das vosas dramatizacións, tras as que coido que houbo moitas horas de ensaio. Especialmente me gustou mirar alguns dos vosos rostros escoitando aos compañeiros convertidos en Mr. Bumble, Monks, Sikes, Stella, Joe Gargery, Mrs. Havisham, Mr. Jagger,..., ademáis de Oliver e Pip, claro. 


Caratulas de distintas adaptacións cinematográficas

Algúns sorríades dun xeito especial. Estabades redescubrindo o inmenso poder da narración, como cando, de nenos, gustábades escoitar a vosa nai o conto de antes de durmir. Sí foron momentos máxicos. Por unhas horas, fantasmais presenzas que só habitan nas páxinas dos libros, encarnarónse diante de todos. Había tempo que non tiña tan ilustres visitas na miña casa. Oxalá veñan moitas outras veces. E se queredes que vos acompañen a vós, soamente tedes que elixir un libro, abrir a súas páxinas e mergullaros no seu universo.
Mrs. Havisham e Stella

Facede a proba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario