luns, 16 de decembro de 2013

Dez negriños: as fotos da sesión

Ola poetas:

Deu para moito a sesión deste martes 10 de decembro, non si? Falamos de misterio e mais de sentimentos: soidade, arrepentimento, envexa, dúbidas, rencor... Ai, como somos os humanos!

Amanda e Alejandro fixeron unha presentación moi dinámica onde intercalaron literatura e cine: parabéns, rapaces.

Estes días viñemos colgando información sobre o libro, así como uns enlaces para ver unhas películas e saber un pouco máis sobre o apasionante mundo do misterio de Agatha Christie. Así que só queda deixarvos as fotos da sesión.

Disfrutádeas. Cada día somos máis!

Dez negriños: as fotos da sesión. on PhotoPeach

1 comentario:

  1. Ola Dani! Está moi ben a entrada pero me permito corrixirte o nome da rapaza que fixo a presentación con Alejandro. Chámase Amanda.

    ResponderEliminar