domingo, 16 de decembro de 2012

OBXECTOS ESQUECIDOS NOS LIBROS

Ola rapaces!

Quizáis nalgúns dos vellos exemplares agochados na nosa biblioteca pódense atopar cousas misteriosas como as que nos contan que rescataron dunha biblioteca universitaria, auténtica cápsula do tempo.


Pero, ollo, cando vos poñades a buscar tede coidado de non descubrir o meu refuxio. É alto secreto.

Por certo, este video deume unha idea, aínda que non sei se aos profes lles parecerá ben. Poderíamos xogar a deixar nas páxinas dos nosos libros preferidos algún recordo para os que veñan ao instituto nos anos vindeiros. Por suposto sen estragar nadiña os libros.

Non é unha idea atractiva?


 Alí vos deixo a miña suxestión.

Por certo, tede paciencia que os libros de Dragal están a piques de chegar a instituto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario